Real Club Celta de Vigo
Porque aún que soy tortuga, también soy celtista.
O Real Club Celta de Vigo S.A.D., coñecido popularmente como Celta, é un equipo de fútbol galego fundado na cidade de Vigo 23 de agosto de 1923 por unión do Real Vigo Sporting Club e o Real Club Fortuna de Vigo. Disputa os seus partidos no estadio de Balaídos, inaugurado o 30 de decembro 1928.
O 3 de xuño de 2012 conseguiu volver á Primeira División logo de descender na tempada 2006-07 tras quedar 18º. Disputou 46 tempadas en Primeira, sendo o equipo galego con máis tempadas na máxima categoría. Actualmente ocupa o décimo segundo posto na Clasificación histórica de Primeira, sendo o segundo conxunto galego, tan só por detrás do Deportivo da Coruña, equipo co que mantén historicamente unha gran rivalidade. Os encontros disputados entre os dous equipos adóitanse chamar o Derbi Galego. Ten tamén unha histórica rivalidade co Pontevedra CF.
Entre os seus logros cabe destacar 3 subcampionatos da Copa do Rei, unha Copa Intertoto, 7 clasificacións para a Copa da UEFA e unha para a Liga de Campións na tempada 2003-04, na que caeu eliminado en oitavos de final polo Arsenal FC. É o décimo equipo en número de afeccionados do Estado español (2,2%), segundo unha enquisa do CIS de maio de 2007.
No hay comentarios:
Publicar un comentario